Wikipedia

Resultados de la búsqueda

lunes, 21 de septiembre de 2020

BIENVENIDOS A ESTE NUEVO CURSO

 


               ¡¡¡ BENVIDOS A PRIMARIA !!!


Hola a todos/as e benvidos a este curso, o primeiro dunha nova etapa que comeza para os vosos  fillos/as.

Como vedes esta pandemia non nos deixou apenas comezar, pero estoy segura de que moi cedo volveremos a normalidade e poderemos avanzar no noso camiño; o importante agora é que todos/as esteamos ben e que este tropezo non sexa máis que iso: un pouquiño máis de tempo de espera.

Ao longo destes 14 días trataremos de establecer un plan de traballo que nos permita manter no posible un ritmo de desenvolvemento que nos axude ao de menos a evitar o estancamento. Quero transmitirvos tranquilidade porque temos un espazo de tempo suficiente para afrontar as aprendizaxes necesarias para asumir os retos de primaria, tende en conta que contamos con este curso e o seguinte para reorganizar contidos, asi que non vos preocupedes, pouquiño a pouquiño, pasiño a pasiño  chegaremos a meta.

De momento utilizaremos esta ferramenta (o blog) para as nosas comunicacións para darvos tempo a “facervos” co mecanismo de traballo do aula virtual que xa estamos a piques de poñer a funcionar.

Cada dia deixarei unha serie de propostas para que desempeñen os pequenos, ainda que necesitaremos da vosa colaboración porque a esta idade é imposible suplir o traballo de “aula” sen a vosa implicación. Trataremos de que sexa o máis levadero posible; de momento ímonos centrar nas instrumentais básicas e nos reforzos dos contidos pendentes do curso anterior.

Ánimo para todos/as, supoño que teredes moitas dúbidas e moitas inquendenzas, pero a situación require de moita afouteza, moita comprensión por tódolos que conformamos a comunidade educativa, e moita,  moita paciencia.

Un saúdo e espero poder moi cedo establecer con vós unha comunicación máis fluída; quero que saibades que as titoras de primeiro estamos aquí e que faremos todo o posible por axudar aos vosos pequenos/as, que xa son tamén un pouquiño nosos, a posicionarse o mellor posible na líña de saída desta nova etapa. 

Unha aperta para todos/as e moitos biquiños de agarimo especialmente para os meus peques de 1º B; SODES UNS VALIENTES. Vémosnos en nada!!!!! Moito ánimo!!!!!!

Vémonos mañá !!!!!!


Titoras de 1º de PRIMARIA.








No hay comentarios:

Publicar un comentario