BOS DÍAS A TODOS/AS!!!!!! IMOS ALÁ QUE HOXE XA É VENRES, EN NADA VOLTAMOS AO COLE!!!!!!!!!!
POLO DE AGORA IMOS TRABALLAR UN POUQIÑO, QUE VOS PARECE? ASI CANDO VOLTEMOS XA ESTAREMOS PREPARADOS PARA O TRABALLO DURO ...💪
E comezamos co noso ALMANAQUE Que dia é hoxe? Cantos dias nos faltan para voltar ao cole?
Hoxe toca marcar o venres 25. Agora aproveitamos o almanaque para facer traballo de conteo e.....SUMAS E RESTAS!!!!!! porque seguro que vós xa sabedes que sumar é engadir ir e restar quitar: Cando sumamos saltamos hacia adiante na recta numérica; cando restamos saltamos hacia atrás... E iso é o que facemos co almanaque. Pero iso xa o veremos con máis calma no cole...agora na casa xa sabedes como traballar con él. ADIANNTE!!!!!
E agora imos facer un pouquiño de LECTO-ESCRITURA.
Hoxe imos traballar :
1. Asociación Fonética (Relacionar un fonema co seu són)
2. Escritura de sóns e palabras en maiúscula
3. Identificación e traspaso de fonemas en maiúsculas a minúsculas
4. Lectura de palabras.
5. Trazo.
E se vos parece ben comezamos co trazo. Mirade, déixovos unhas imaxes de trazos para recortar que vós poideredes ou ben imprimir o crear produccións semellantes para que os pequenos/as as recorten seguindo as línes punteadas. Ahí van:
Agora para descansar a mancilla, imos traballar co abecedario e os sóns. Xogar a identificar o nome da letra que representa os sóns que lean os vosos maiores, e a inversa.
E agora estade mooooooooi atentos porque imos a ler e a escribir. De momento podedes facelo nun fóleo sen pauta, cando podamos voltar ao cole, teremos que traballar coa pauta Montessorri, pero a iso xa vos ensinaré eu. De momento procurade controlar o voso trazo todo canto poidades.
Ahí vos deixo unha tarxeta de lectura. Tendes que escribir, en maiúscula, o nome dos debuxos, excepto as vogais que seguro que xa as sabedes facer en minúscula, se non é asi, teredes que seguir praticando....
Tamén poden escribilas os papis e colocar vós o nome en cada debuxo co que se corresponda a palabra:
E agora se vos atrevedes podedes xogar a "traducir" os nomes dos debuxos en maiúsculas a minúsculas, só tendes que buscar a letra minúscula que corresponde a cada maiúscula no abedecedario. Podedes utlizar pinzas se os vosos papis se animar a facer o abecedario escrito nelas. Mirade:
Sería o mesmo compoñendo as palabras dos debuxos.
E agora si imos leer as vogais en minúscula:
E agora que xa coñecedes ben as vogais en minúscula; podemes xogar aos ditados. Para eso tendes que pedirlle aos papis que os diten composicións diferentes coas distintas vogais que xa coñecedes.
E chegamos ao mundo das MATES !!!!!!!
Imos comezar, se vos parece, repasando conteo e recta numérica, como fixemos onte, fíxate e reflexiona...
A recta numérica nos sirve para contar; e contar non é máis que engadir unidades...Unha UNIDADE e cada cousiña que estamos a contar. Por exemplo se contamos pingas de chuvia unha unidade é unha pinga.
Na recta numérica iríamos contando de gota en gota, cada gota unha unidade; se pensas un pouqiño segçun imos colocando gotas na recta imos engadindo unidades, por eso os números van sendo más grandes porque teñen dentro mís cantidades de unidades; por exemplo fixádevos o número 2 ten dentro 2 gotas, 0 4 é más grande porque dentro ten 4 gotas... BUUUUUUUUFFFFFFF... isto é un pouco lioso, pero no cole ímolo explicar de novo. De momento intentade reflexionar e xogar a engadir e a quitar unidades que é o mesmo que saltar adiante na recta numérica (SUMAR) o hacia atrás (RESTAR).
PROBADE:
E agora intentade seguir pensando....un pouquiño máis...Si os números están formados de unidades, hay moitas formas diferentes de formar números...Xa sei que dito así parece moi complexo, non vos preocupedes no cole traballaremos ata entendelo; pero de momento mirade este víde e utilizar palillos o calquer outra cosa que se poida contar para compoñer e descompoñer números como fan aqui. Intentádeo e xa cando poidamos verémolo con máis calma...
Pois xa tendes traballo de mates para o fin de semana!!! ler, escribir, contar, compoñer e descompoñer números, sumar e restar na recta numérica.....e....xogar!!!!!!
Ahí vai un xoguiño para hoxe
E para finalizar un contiño nunca está de máis....
No hay comentarios:
Publicar un comentario